Soltecmar na Vila
Fecha Miércoles, 07 abril a las 13:41:30
Tema PHP-Nuke


O seu traballo na nova planta será cultivar algas mariñas para consumo humano e tamén para produtos de parafarmacia. Para conseguilo, nutriranse das algas de Cedeira e potenciarán a cría das mesmas.

As obras da construción da nave van empezar este mesmo mes, e, en canto estea finalizada, desenvolverán un sistema de cultivo mariño. A empresa espera que todo este proceso este acabado en 7 meses, polo que a nave estaría en funcionamento a finais de ano ou principios do próximo.

Soltecmar xerará vinte postos de traballo directos, entre os que se atoparán directivos, administración, comercialización, técnicos e operarios industriais. Ademais, crearanse outros 25 postos de traballo indirectos para os labores de transporte, extracción de algas e loxística.

Se queres intentar conseguir un posto de traballo nesta futura planta industrial, podes dirixir o teu CV a

Solucións Tecnolóxicas Mariñas SL

C/Luís Seoane, 18

Pobra Do Caramiñal

15940 A Coruña

Link: PortalParados.es






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=861