Congreso Extraordinario: 25 de abril
Fecha Miércoles, 04 marzo a las 15:20:14
Tema PHP-Nuke


O vicesecretario xeral do PSdeG-PSOE, Ricardo Varela, valorou moi positivamente a “rápida” resposta do PSdeG-PSOE diante do que cualificou como “unha situación adversa”. Considerou que “foi áxil e en 24 horas puxo en marcha a maquinaria do partido”.
Ricardo Varela fixo estas declaracións trala Constitución pola secretaria de Organización da Comisión Ejecutiva Federal da Comisión Xestora, órgano que preside.
Durante a rolda de prensa explicou que o a pesar do resultado electoral “o PSdeG é un partido forte en Galicia, con presenza en máis de 100 concellos, 2 deputacións e na administración do Estado. É, polo tanto, segundo dixo “un partido asentado institucionalmente e ben organizado”.

O presidente da Comisión Xestora apuntou que este partido se formula comezar unha “nova etapa” na que o Órgano que preside levará ao partido a un Congreso Extraordinario onde se constituirá “unha dirección política forte que traballará durante catro anos para ofrecer aos galegos unha maioría política para gobernar este país”.
Varela indicou que a Xestora “non ten candidato” e o candidato será “elixido, refrendado e consensuado polas bases do partido”. A preguntas dos xornalistas respondeu que será proposto pola dirección do partido ou por un número de delegados superior ao 20% e inferior ao 30%.
Varela anunciou para  semana que vén encontros entre a Xestora e todas as agrupacións do partido nas catro provincias galegas o que permitirá “coñecer á dirección as opinións das bases sobre como se debe constituír a nova Executiva”.
Tamén adiantou que o Comité Nacional do partido reunirase o vindeiro día 14 de marzo para convocar o Congreso Extraordinario que se celebrará o 25 de abril.
Pola súa banda a secretario de Organización do PSOE, encargada de constituír a Comisión Xestora, Leire Pajín, expresou que o PSdeG-PSOE é un partido “unido, mobilizado e con gran futuro”.
Pajín comentou que “contrariamente a lo que hacen otros partidos“ no caso dos socialistas galegos, serás os delegados e delegadas os que elixirán “un novo equipo político para o futuro” .
A secretaria de Organización socialista fixo fincapé na presenza institucional do PSdeG-PSIOE algo que, ao seu xuízo, significa  que se trata “de un partido que mantiene su vocación de servicio con los gallegos y las gallegas”.
Tamén expresou que “si nuestros cálculos no fallan” tras o reconto do voto emigrante, “el PSdeG tendrá los mismos escaños que hace cuatro años, lo que pone de manifiesto su fortaleza en el Parlamento de Galicia”.
Subliñou ademais a valoración que todo o PSOE fai de Emilio Pérez Touriño como secretario xeral e presidente en funcións da Xunta de Galicia: “No hay ninguna duda de que la etapa dirigida por él es la mejor del socialismo gallego, con una excelente gestión en la que se ha apostado por el programa político que los socialistas defendemos”.
E lembrou que Touriño decidiu abrir o luns unha nova etapa na que “los socialistas gallegos están dispuestos a dar un paso adelante y dejarse la piel por esta tierra siguiendo gobernando donde ya lo hacen y haciendo una oposición útil para volver al gobierno dentro de cuatro años”.
Link: PSdeG-PSOE






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=86