Auténtica Xeración Distribuidora de Segovia SL
Fecha Martes, 06 abril a las 10:23:26
Tema PHP-Nuke


Unha decena de empresas mostraron o seu interese por adquirir unha das naves do polígono cedeirense da Trabe, cuxas obras de construción están practicamente concluídas e só resta a inauguración oficial que desde o Concello confían que se produza nun breve período de tempo. Desde Xestur, organismo público adscrito ao Instituto Galego de Vivenda e Solo, que depende da Consellería de Medio Ambiente, confirmaron o interese de polo menos unhas dez persoas por instalarse no polígono cedeirense. Ata a data, só adquiriu unha parcela unha compañía, da que non se facilitaron datos.

Outra empresa que xa mostrou o seu interese por trasladarse ao polígono cedeirense é Auténtica Xeración Distribuidora de Segovia SL (AGDS). De feito, responsables desta empresa trasladáronse á vila nos últimos días para entrevistarse co alcalde de Cedeira, o socialista José Luís Vergara, quen se mostrou moi satisfeito pola noticia e o que levará para a vila.

Trátase dun grupo que investiu no 2008 un total de 19 millóns de euros en enerxías renovables, e plantas fotovoltaicas. Na actualidade producen 5.000.000 de quilovatios anuais, coa achega de beneficio ambiental que iso leva. En 2009 inician a construción de plantas de xeración eléctrica con tecnoloxía de gasificación, no concepto de auténtica xeración distribuída, produción e consumo. O interese desta compañía leonesa pasaría por situar unha planta no polígono cedeirense, onde producirían, nunha primeira fase, 1,2 megavatios, ampliables nunha segunda fase a 4,8 megavatios.

Responsables da empresa con sede en Segovia visitaron xunto co rexedor municipal posibles plantacións forestais viables de ser utilizadas na planta cedeirense e das que se extraerían unhas 10.000 toneladas de eucaliptos ou outras árbores susceptibles. Na Trabe non só xerarán enerxía eléctrica, tamén calorífica. Neste sentido, segundo informaron ao rexedor municipal os responsables de AGDS, a planta será capaz de xerar calor para dotar de servizo a unha nave superior aos 5.000 metros cadrados.

Situarse no polígono en lugar doutro punto do termo municipal cedeirense supón unha vantaxe, segundo explicouse desde o Concello, xa que o espazo empresarial conta con todos os servizos a diferenza doutros terreos.

Emprego

A posta en marcha da planta de biomasa no polígono da Trabe levará a creación de, polo menos, vinte postos fixos e outros cinco en formación.

Link: DFONLine






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=855