O PSdeG acusa a Xunta de “desmontar” a APLU
Fecha Lunes, 05 abril a las 11:03:15
Tema PHP-Nuke


A coordinadora de Territorio do PSdeG no Parlamento, Mar Barcón, acusou este sábado a Xunta de “desmontar” a Axencia de Protección da Legalidade Urbanística (APLU) para “relaxar a vixilancia urbanística en Galiza”.

A parlamentaria socialista presentou unha serie de interpelacións na Cámara sobre o cesamento “unilateral por parte da Xunta” do anterior director, así como a mudanza dos estatutos e o nomeamento da nova dirección “sen o consenso dos concellos”.

A Xunta “prepara un control político da APLU” logo do “cesamento arbitrario” do anterior director, que “foi quen investigou e fixo posible a denuncia sobre as irresponsabilidades urbanísticas” no Concello de Barreiros, afirma Barcón.


A socialista acusa ademais a Xunta de “desprezar” a función de inspección, seguimento e arbitraxe da APLU, que considera “esencial para conseguir criterios unánimes na dirección dun urbanismo sostíbel e racional”. Por último, reclama que o Goberno explique no Parlamento “que actuacións xurídicas mantén para restaurar a legalidade urbanística en Barreiros”.

Interpelación de Teresa Táboas (BNG)
Tamén a deputada do BNG Teresa Táboas interpelará o Goberno a vindeira semana para que dea conta no Parlamento das mudanzas introducidas na APLU, tanto no que atinxe ao seu director como ao seu cometido.

Táboas considera que urxen estas explicacións logo dos intentos do Goberno porque estas musdanzas pasasen practicamente desapercibidas e "ante o risco de que supoñan un paso atrás no camiño iniciado polo bipartito de corrección e sanción da desfeita que traía da man a burbulla inmobiliaria".

Espazos naturais
Por outra banda, a tamén deputada do PSdeG Carme Gallego interesouse por coñecer "que proxecto de ampliación defende o Goberno do PPdeG" para a ampliación de espazos protexidos. A socialista sinala que no Debate do Estado da Nación, Feijoo "comprometeu a ampliación dos espazos protexidos en Galiza nun 4%, citando erroneamente a nosa comunidade autónoma como unha das que máis espazo protexido posuía".

Gallego lembra que no noso país "temos ao redor dun escaso 12% dos espazos protexidos pola Rede Natura 2000 e dentro destas, figuras como os LIC ou as ZEPA, entre outras”, situándose “á cola das comunidades en materia de protección de espazos naturais como nos veñen recordando continuamente entidades públicas e privadas de toda índole, mesmo as instancias comunitarias".

"Para chegar cando menos a ter unha porcentaxe de espazo protexido semellante a outras comunidades autónomas, sen que se teñan en conta as singularidades galegas, deberiamos alcanzar unha porcentaxe de espazos protexidos entorno ao 18-20%", apuntou por último.

Link: VIONLine






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=853