A Audiencia confirma a condena a Pintos
Fecha Jueves, 01 abril a las 13:05:21
Tema PHP-Nuke


A Audiencia da Coruña confirmou en todos os seus termos a sentenza do Xulgado do Penal número 2 de Ferrol que impuxo nove meses de prisión a Xesús Anxo López Pintos, secretario comarcal da CIG, por uns incidentes marisqueiros ocorridos nunha praia de Mugardos no 2001. A pena é por un delito de atentado e inclúe unha indemnización de 1.220 euros ao axente que resultou lesionado nos feitos.

O incidente ocorreu durante o longo conflito que viviu entón a Confraría de Pescadores de Mugardos. Segundo a sentenza, Pintos propinara unha pedrada na cabeza a un dos axentes da policía autonómica que interviñan na praia da Barca.

Link: VIONLine






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=852