O Concello de Cedeira reabre o castelo da Concepción
Fecha Miércoles, 31 marzo a las 13:37:21
Tema PHP-Nuke


Logo dun tempo de permanecer pechado ao público, o Concello de Cedeira reabre o castelo da Concepción durante, polo menos, os días centrais da Semana Santa.

Esta construción con historia propia e que se exhibe á entrada do porto de Cedeira poderá ser visitada ata o 4 de abril exclusivamente en horario de mañá, de 11.30 a 14.00 horas aproximadamente. As últimas referencias que ten o goberno local en relación ao interese que suscita o baluarte fan case obrigada a apertura da fortaleza, dado que non deixan lugar a dúbida. Máis de 1.500 persoas contabilizáronse durante os últimos meses nos que o fortín estivo visitable, setembro de 2009 a febreiro de 2010. E é que son moitas as opcións que se derivan dun percorrido a unha construción que, dividida en dúas plantas, acolle desde un museo con obxectos do século XVIII -data na que se construíu o castelo- ata a posibilidade de contemplar no seu medio natural abundantes exemplares de "Linaria aguillonensis", unha planta de flores amarelas que só crece nos cantiis da zona e á que a poboación local tamén identifica como "paxariños". No que ao seu nome científico refírese, cabe sinalar que aguillonensis non é algo casual, senón que se utiliza como referencia xeográfica, Os Aguillóns, dos cantiis serpentiníticos e peridotíticos nos que vive.


As plantas proliferan pola maior parte dos muros do castelo, sobre os que tamén se localizan dez dos máis de 30 canóns que nos seus mellores tempo tivo o castelo da Concepción. A construción, como non deixa lugar a dúbida, edificouse como sistema defensivo dunha poboación que, desde finais do século XVII, viuse seriamente ameazada polos piratas ingleses. A realización da obra suscitou a colaboración dos antepasados dos actuais cedeirenses e este episodio queda así recollido nalgunhas das pezas, moedas e docmentos que a día de hoxe formar parte do apartado museístico do castelo da Concepción. Esta historia é a que tamén se encarga de transmitir Gonzalo, empregado municipal que asume temporalmente o papel de guía, durante os trinta minutos que dura o percorrido pola construción. Gonzalo apunta que os canóns, un compás, o reloxo de sol, pero sobre todo vístalas que desde o castelo hai sobre a ría, son algunhas das opcións que suscitan unha maior admiración por parte do público que, ademais, non debe pagar nada por velas.

Link; DFONLine






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=851