Aprobación inicial do estudio de detalle
Fecha Miércoles, 31 marzo a las 13:29:35
Tema PHP-Nuke


Aprobación inicial do estudio de detalle na confluencia das rúas Neda e As Pontes. Parque do Floreal

ANUNCIO

Con data 09/03/2010 a Xunta de Goberno Local acordou a aprobación inicial do estudio de detalle na confluencia das rúas Neda e As Pontes, presentado por D. Pablo Diego Moreda Gil, en representación de Proxectos Inmobiliarios Rías Galegas S.L., para parcela de referencia catastral n.º 6548911NJ7364N0001TY, redactado por D.ª Beatriz López Marcos, visado polo COAG na data 11/12/2009, para reaxustar unha aliñación definida no PXOU para a rúa sita na confluencia Avda. de Suevos e a rúa Neda.

O dito acordo supón a suspensión de outorgamento de licenzas no ámbito regulado polo estudio de detalle por un prazo máximo de dous anos ou ata que se acorde a aprobación definitiva se fose anterior.

Sométese a información pública por prazo de 20 días hábiles a partir do día seguinte ó da última publicación do presente anuncio no Boletín Oficial da Provincia, no Diario Oficial de Galicia e nun dos diarios de maior circulación da provincia.

Durante o dito prazo as persoas interesadas poderán examiar o seu contido presentándose na Casa do Concello de luns a venres en horario de 9.00 a 14.00 horas e presenta-las alegacións que consideren oportunas.

Cedeira, 22 de marzo de 2010.
O alcalde
Asdo.-José Luis Vergara Rey

Link: BOPONLine






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=849