Concello de Cedeira - Axenda cultural
Fecha Martes, 30 marzo a las 12:20:30
Tema PHP-Nuke


AUDITORIO MUNICIPAL
CAMERATA LÍRICA NACIONAL PRESENTA:
"EL HUMOR EN LA ÓPERA"
SÁBADO 3 DE ABRIL - 18:30 H.
ENTRADA ÚNICA: 2,50 €

Máis de 120 representacións por toda España cun rotundo éxito e máis de 35.000 espectadores avalan este espectáculo que se puido ver e escoitar en Madrid, Sevilla, Zaragoza, Málaga, Burgos, Murcia, Albacete, Jaén, Guadalajara, Logroño, Lérida, Almería, Huesca, Alcalá de Henares, Alcobendas, Getafe, Leganés, Valdemoro, Mahadahonda, Parla, Pinto, Villanueva, Aranda de Duero, Miranda de Ebro, Molina de Aragón, Binefar, Ejea de los Caballeros, etc O seu creador, o tenor Rodolfo Albero, foi elexido Home do día polo xornal El Mundo de Madrid, despois de representarse durante máis de 30 ocasións en dita Comunidade.


Con este espectáculo, a Camerata Lírica de España logrou achegar a ópera ao gran público en xeral, e tamén a mozos e nenos dunha forma agradable, fácil e comprensible coa selección de catro das mellores e máis representadas óperas buffas da historia da música; "Die Zauberflöte" (La Flauta Mágica), "Così Fan Tutte" (Asì hacen todas), "Il Barbiere di Siviglia" (El Barbero de Sevilla) y "L'Elisir d'Amore" (El Elixir del Amor). As dúas primeiras compostas por W. A. Mozart (o gran xenio da ópera) e as outras dúas por Rossini e Donizetti dous dos compositores máis importantes do xénero, que seguiron a súa estela. Para isto elexíronse algún dos números máis espectaculares de cada obra mostrándoos como o compositor require, na súa máis alta calidade musical e vocal pero engadíndolles sorpresas interpretativas que interrelacionen ao espectador co que está presenciando, de maneira que comprenda en cada momento a idea do compositor. "El Humor en la ópera", convírtese nunha representación moi áxil, amena e divertida, á vez que ortodoxa nas formas clásicas da ópera. Espectáculo moi recomendable para toda a familia, os neófitos descubrirán un mundo marabilloso e os entendidos no xénero, non sairán defraudados.

Link: Concello de Cedeira - Cultura






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=845