Concello de Cedeira : 250.000 € a pagar
Fecha Martes, 30 marzo a las 09:37:27
Tema PHP-Nuke


Unha sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia obriga ao Concello de Cedeira a pagar algo menos de 250.000 euros á empresa que no seu día construíu o pavillón municipal de deportes. Os feitos agora xulgados remóntanse ao ano 1987 e obedecen á reclamación de Construcións Padín pola diferenza entre o prezo de adxudicación da obra e o custo real da mesma. Segundo consta na docmentación procesual, á empresa contratada a realización do proxecto supúxolle unhas perdas de 125.000 euros, cantidade que, xunto aos intereses correspondentes, é a cifra á que agora terá que facer fronte a administración local, dado que non cabe a presentación dun novo recurso. Este asunto é o cuarto que figura na orde do día da sesión plenaria que a corporación de Cedeira celebrará hoxe, a partir das oito da tarde.


O alcalde, o socialista José Luís Vergara, aproveitará o desenvolvemento do pleno para preguntar aos anteriores responsables municipais a orixe dun proceso que terá un elevado custo, segundo Vergara, para un municipio cuxo orzamento está ao redor dos 600.000 euros e que viu como, en cuestión de pouco tempo, descendeu de xeito alarmante tanto os ingresos por licenzas de obras como os correspondentes á venda da madeira da Capelada. O rexedor municipal non descarta para saír do apuro nin a opción de recorrer a un préstamo bancario nin a venda dalgunha propiedade municipal. Por outra banda, cualifica de "estupor" a sensación que ten desde que coñeceu o fallo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia e explica o seu estado de ánimo en base ao pau que suporá para as finanzas municipais unha sentenza de tan elevadas consecuencias.

Link: DFONLIne






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=844