Apaga a luz, acende o planeta
Fecha Sábado, 27 marzo a las 16:52:02
Tema PHP-Nuke


Milleiros de persoas e colectivos adheríronse a esta acción, a levar a cabo entre 20h30 e 21h30. Ademais, este sábado tamén está convocado o "día sen tecno-trebellos".

O obxectivo é insistir na concienciación cidadá acerca do cambio climático. Nesa arela, o aforro de enerxía é o xeito simbólico de colaborar nesta acción: "A hora do planeta" convida os cidadáns a un apagón a realizar este sábado 27 de marzo entre as 20h30 e as 21h30. A iniciativa está impulsada pola World Wildlife Fund (WWF).


© WWF Adena



"Os resultados do acordo de Copenhague o pasado mes de decembro foron claramente insuficientes, pero os cidadáns non se renden", expoñen desde WWF, "ante esta situación e como resposta, millóns de persoas participarán na Hora do Planeta 2010, o movemento global contra o cambio climático máis grande da historia". "Demostra que o poder é teu e actúa", animan.

Tamén o 'No Tech Day'
Con vocación menos comprometida celébrase por outro lado estoutra convocatoria: o No Tech Day, unha xornada convocada tamén para este sábado. Os seus promotores convidan a avaliar o grao de dependencia que os cidadáns teñen dos novos trebellos tecnolóxicos. Xa que logo, animan a prescindir durante 24 horas seguidas de televisión, teléfono móbil, computador, reprodutor de mp3 e calquera outro tareco. Ao cabo do día poden compartir a experiencia na web.

Link: VIONLine






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=841