Costas recupera a beira do río Condomiñas
Fecha Viernes, 26 marzo a las 10:18:58
Tema PHP-Nuke


Responsables do departamento técnico da Demarcación de Costas en Galicia trasladáronse onte a Cedeira para supervisar as obras de construción dunha senda peonil no río Condomiñas. Trátase dunha intervención que superará os 100.000 euros iniciais nos que fora orzada, xa que haberá que meter máis material do que se prevía. Isto débese, segundo apuntaron desde a dirección técnica da obra, a que os operarios de Tragsa, empresa que executa as obras, deberon facer fronte a numerosas vías de auga natural, procedentes de mananciais e escorrentías, que obrigaron a utilizar máis material de recheo do inicialmente previsto. A primeira fase das obras, no entanto, está a piques de concluír e en breve comezarán os traballos de construción da senda propiamente dita. A primeira fase da intervención arrincou a última semana de febreiro e xa debería haber concluído de non ser pola climatoloxía adversa e as referidas humidades. A pesar deste atraso inicial, Costas espera que en dous meses a senda xa poida ser transitada.


Os primeiros traballos, a piques de concluír, centráronse na limpeza e retirada de maleza da zona, o marcado do camiño e labores de saneamento.

A senda, de pouco menos de medio quilómetro e uns tres metros de ancho, discorrerá pola marxe dereita do río, entre a ponte de madeira e o de Acea, e permitirá percorrer o Condomiñas polas súas dúas marxes.

Continuidade

A recuperación da contorna do río é só o primeiro paso dunha intervención maior que contempla a posta en valor da contorna das vellas cetarias da ría, uns traballos que, previsiblemente, desenvolveranse durante o verán.

Link: DFONLIne






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=837