Queremos Galego terá o apoio de PSOE e BNG no Parlamento
Fecha Jueves, 25 marzo a las 12:37:46
Tema PHP-Nuke


O texto da Iniciativa Lexislativa Popular (ILP) promovida pola plataforma Queremos Galego para “garantir os dereitos lingüísticos na Administración e no ensino” terá o apoio de PSOE e BNG no momento en que sexa debatido no Parlamento.

Despois de que a proposta do colectivo en defensa da lingua non fose tramitada pola Mesa do Parlamento –órgano reitor da Cámara– por non axustarse, segundo os letrados parlamentarios, á lexislación que regula este tipo de iniciativas, a plataforma mantivo onte senllos encontros cos grupos parlamentarios de PSOE e BNG, aos que lles transmitiron a petición de que “asuman o contido” da ILP e a tramiten como unha proposición de lei propia.

Mentres que o grupo nacionalista xa expresou, en días pasados, a súa vontade de asumir o texto de Queremos Galego, o PSdeG decidiu onte agardar á xuntanza dos “órganos do partido” para determinar se tramitará como propia unha iniciativa que, en calquera caso é vista, segundo fontes socialistas, con “simpatía” polo grupo parlamentario.Neste sentido, as mesmas fontes confirman que os voceiros do PSdeG en materia de lingua, Francisco Cerviño, e educación, Guillermo Meijón, aproveitaron a xuntanza de onte para transmitirlles aos membros de Queremos Galego a “receptividade” dos socialistas cara aos postulados da plataforma, así coma os “motivos” que levaron ao representante da formación na Mesa do Parlamento a votar en contra da admisión a trámite da ILP.

A Mesa, subliñaron os deputados, valora só cuestións “formais”, sen entrar no contido das iniciativas, e esta colisionaba cos “informes xurídicos”.Neste escenario, o voceiro do colectivo, Carlos Callón, constatou a “boa acollida” nas filas do PSdeG á súa petición, así como a “disposición plena” do BNG a facer chegar o texto ao pleno da Cámara para “garantir que o debate dos dereitos lingüísticos chegue ao Parlamento”.
Á espera de manter tamén unha xuntanza co Grupo Parlamentario Popular, Queremos Galego remitiralle aos tres grupos parlamentarios “de forma simbólica” as máis de 15.000 sinaturas acadadas pola súa iniciativa popular ao tempo que inicia unha campaña de “difusión” destas reivindicacións.Nesta acción informativa, que onte arrincaba en Ferrol e que se estenderá ata o vindeiro xuño, a plataforma continuará a recoller apoios para que a ILP sexa tramitada e, ao tempo, para instar á Xunta ao cmprimento da Lei de Normalización Lingüística e do Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega.

Link: XORONLine






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=835