Concello de Cedeira - Axenda cultural
Fecha Jueves, 25 marzo a las 09:02:11
Tema PHP-Nuke


Exposición das fotografías do concurso "derreollo" organizado por ASFEDRO

PALACETE MUNICIPAL - Do 29 de MARZO ao 24 DE ABRIL - DE LÚNS A VENRES - DE 18:00 A 20:00 H.

O OBXECTIVO do concurso é plasmar dende diferentes perspectivas a visión social do mundo das drogas.

O importante é que cada participante exprese a súa propia visión dende a súa experiencia (persoal, familiar, de amizade, de entorno, etc).
Entendemos como drogas recreativas as legais: tabaco, alcohol e ilegais: cocaína, cannabis, drogas de síntese.
O consumo das drogas modificouse nos últimos anos. Pasou de ser un problema social ligado á marxinalidade e a delincuencia a consumirse en espazos recreativos e con idades cada vez máis temperás, o que logrou silencialo e normalizalo mais se cabe. Isto pode reflexarse dende diferentes contextos: O consumo de fin de semana (botellóns, uso recreativo), a dependencia a unha sustancia (problemática escolar, laboral, familiar e económica) espazos de tratamento especializado, etc.
Con este sen fin de posibilidades de expresión do mundo das drogas, o que esperamos é que os participantes, escollan coma eles perciben mellor o que significa nas súas vidas, e cómo afecta ou non, o seu entorno.

Link: Concello de Cedeira






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=833