Xosé Manuel Blanco, candidato de TEGA á Alcaldía
Fecha Miércoles, 24 marzo a las 12:33:45
Tema PHP-Nuke


O actual alcalde de Narón, Xosé Manuel Blanco, será novamente o candidato á Alcaldía de Narón. Así se determinou nunha asemblea celebrada hai uns días polo equipo de Terra Galega, no que se presentou unicamente a mencionada proposta. O nomeamento refrendarase nunha nova reunión que TEGA fixou para o vindeiro día 9 e que terá lugar no local que a agrupación ten no barrio da Solaina.

Tras acceder á Alcaldía de Narón, en xaneiro de 2009, Blanco anunciou a súa intención de presentarse á reelección polo partido que actualmente encabeza en Narón. Tralo seu desembarco na política local, no ano 1983 e da man das listas de ANGN, encabezadas por Antonio Martínez Aneiros -e nas que tamén estaba, como número dous, Xoán Gato- Blanco asumiu diferentes concellerías e enfrontarase no 2011 ás súas primeiras eleccións como cabeza de lista de TEGA

A principios do pasado mes de febreiro Terra Galega convocou en Santiago de Compostela aos integrantes da Dirección Nacional do partido. A reunión fixouse para abordar diferentes cuestións políticas e tamén o asunto das próximas eleccións municipais. Unha vez que se oficialice o nomeamento de Xosé Manuel Blanco como candidato á Alcaldía, procederase a dar a coñecer ao resto de candidatos da comarca, tal e como se indicou desde TEGA.

Finalmente o Consello Nacional do partido terá que dar o visto bo ás listas. A agrupación mantén na comarca, ademáis da de Narón, as alcaldías de Valdoviño, con Isabel Álvarez, e Neda, con Ignacio Cabezón.

Link: +GaliciaOnLine






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=831