Servizos Sociais - Concello de Cedeira
Fecha Miércoles, 24 marzo a las 11:26:10
Tema PHP-Nuke


PROGRAMA DE TURISMO SOCIAL
A Xunta de Galicia ,convoca para o presente ano ,unha nova edición do PROGRAMA DE TURISMO SOCIAL;mediante o que ademais de fomentar o envellecemento activo e a dinamización social das persoas mayores da nosa comunidade autónoma,estase  actuando directamente na promoción da súa autonomía e na prevención da dependencia.
Este ano,ademais da modalidade de TURISMO TERMAL coas opcións de “todo incluído” e “so termal”,ofértanse prazas de TURISMO DE INTERCAMBIO con Portugal e retómase a modalidade de TURISMO DE PRAIA na Residencia de Tempo Libre de Panxón.
En canto á opción de “TODO INCLUÍDO”,comprende os servizos de transporte,aloxamento e manutención,tratamento termal actividades de animación sociocultural e póliza colectiva de seguros.
Mentres que “SÓ TRATAMENTO TERMAL”,comprende exclusivamente este servizo.

O PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES NOS DEPARTAMENTOS TERRITORIAIS DA CONSELLERÍA DE TRABALLO E BENESTAR ,ESTARÁ ABERTO ATA O 10 DE ABRIL.
MÀIS INFORMACIÓN NAS OFICINAS DE SERVIZOS SOCIAIS (NO AUDITORIO,3º ANDAR).

Link: Concello de Cedeira . Servizos Sociais






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=830