Piden a dimisión do Valedor
Fecha Martes, 23 marzo a las 17:10:09
Tema PHP-Nuke


"Quen nos vai valer do valedor?". Non é a primeira vez que desde o Movemento polos Dereitos Civís botan man desta pregunta para expresaren a súa preocupación por unha intervención pública do Valedor do Pobo. Recordan desde o colectivo que os requisitos para o posto que ocupa Benigno López son teoricamente tres: ter a condición política de galego, estar en pleno goce dos dereitos civís e políticos "e coñecer os idiomas cooficiais da comunidade". "Ten a obriga, tanto constitucional como polo posto que sustenta de defender e respectar o galego", reclámanlle por isto.

En parecido sentido se manifesta a Mesa pola Normalización Lingüística, colectivo para o que as declaracións de Benigno López seguen erosionando o "prestixio e representatividade" da institución que lidera. Pregúntanse desde a asociación por que o Valedor "manifesta unha fobia obsesiva contra a lingua galega, que trae xa dos seus tempos de maxistrado, cando se negaba a utilizar o topónimo A Coruña". "Parecía máis portavoz do PP que o propio portavoz do PP", quéixanse desde a Mesa ao respecto da súa intervención este luns no Parlamento.

De paso, a Mesa acusa o Valedor de negarse a tramitar as queixas do colectivo desde o ano pasado, pondo trabas burocráticas "que non existen para ningunha outra entidade". O presidente da Mesa, Carlos Callón, advirte que López xa "tentara camuflar" a cantidade de queixas presentadas por vulneración de dereitos lingüísticos reducindo a un único expediente até vinte e seis queixas presentadas no mesmo día, malia que os departamentos da administración que se vían afectados eran totalmente diferentes.

Link: VIONLine






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=828