Fondo extraordinario de apoio aos concellos
Fecha Miércoles, 17 marzo a las 12:31:14
Tema PHP-Nuke


A achega da Xunta de Galicia, con recursos propios, ao financiamento das entidades locais faise efectiva a través do Fondo de Cooperación Local, como instrumento de participación específico daquelas nos tributos da comunidade autónoma. Como é sabido, para este ano 2010, a previsión é un descenso da participación dos Concellos na referida participación.

Co obxectivo de paliar os efectos negativos que provocaría nas facendas locais dita disminución, creouse o Fondo Extraordinario de Apoio aos Concellos. A cantidade que cada concello recibirá en concepto de participación neste fondo extraordinario será igual á diferenza entre a cantidade total que lle corresponde como entregas a conta pola súa participación no Fondo de Cooperación Local do ano 2009 e a que resulte da aplicación do sinalado no artigo 55º da lei 9/2009, do 23 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia.

Segundo se prevé no artigo 56 desta lei, con carácter exclusivo para o ano 2010 constitúese un fondo extraordinario por importe total de 18.309.079 euros que se destinará á realización de gastos de investimento e do que serán beneficiarios todos os concellos galegos. Á vista das  previsións de ingresos correntes, se un concello considerase necesario dedicar parte ou a totalidade da cantidade que lle correspondese con cargo a este fondo extraordinario para atender os seus gastos correntes poderá facelo, logo da comunicación desta circunstancia ao centro directivo xestor do fondo, que é a Dirección Xeral de Administración  Local. Para acceder ao formulario  e proceder a súa descarga, cmprimentación e envío, é preciso acudir a zona de consulta da Xunta de Galicia- DXAL-  e premer na opción de Fondo extraordinario de apoio aos concellos.

Link: EIDOLOCALOnLine






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=815