Óbito
Fecha Miércoles, 17 marzo a las 09:36:20
Tema Colaboradores


No día de hoxe, martes, 16 de marzo, ás oito da mañá deixounos Calel, Don Rafel López Freire, fillo de Sara, a modista; coido que non faría falla dicir isto último porque dicindo Calel todo o mundo sabe a quen me estou a referir. Toda unha institución en Cedeira. O que fora oficial primeiro administrativo do Concello de Cedeira, segredario nalgunhas ocasións en que a praza estivo vacante, segredario doutras institucións, laicas e relixiosas, etc, finou no Hospital Xeral de Ferrol. Mañá pola tarde será soterrado no cemiterio municipal de Cedeira e seguidamente haberá un funeral pola súa alma, que de seguro, está xa a estas horas facendo compaña e cantándolle ó ouvido "Asómate a la ventana"á súa compañeira Miloca.
 Vaia para os seus fillos Rafael, Roxelio e Miguel o meu recordo e unha forte aperta.
J.Antº Suárez Aneiros

Link: J.A.S.A.






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=811