Terra Galega e a Lei de Dependencia
Fecha Lunes, 15 marzo a las 13:39:13
Tema PHP-Nuke


Por Xermán Tobío - Concelleiro do Concello de Cedeira

É un dereito, non unha esmola

TERRA GALEGA desde o seu nacemento, vén reivindicando que se cmpran os compromisos de financiamento dos entes locais, que a Carta Europea de Autonomía Local, en vigor desde marzo de 1989, impón ao Estado e aos gobernos autonómicos. Os concellos non teñen que andar a pedir esmola ás outras administracións, seguindo o xogo á política de subvencións que, en moitos casos, se concede ou non, segundo quen goberne en cada administración. Os entes locais teñen o dereito recoñecido á participación que lles corresponde nos presupostos estatais e autonómicos. A cantidade correspondente ten que vir determinada por criterios obxectivos e non debe ter carácter finalista, isto é, os concellos deben ter liberdade para decidir en qué proxectos van investir os cartos dos seus presupostos.


Aínda por riba, o lexislador estatal está a cargar aos concellos coa obriga de prestar determinados servizos, pero non achega os cartos necesarios para que poidan facerlles fronte. Este é o caso da Lei de Dependencia.

A lei entrou en vigor, pero nin desde Madrid nin desde Santiago dotaron ás arcas municipais dos fondos necesarios para aplicala. Os entes locais intentan cubrir todas as necesidades da poboación, pero cos seus medios resulta imposible.

Por todo iso,  TERRA GALEGA:

. Esixe á Xunta de Galicia que comprometa partidas presupostarias suficientes para que os concellos poidan desenvolver a Lei de Dependencia.
. Esixe ao Goberno de España que comprometa partidas presupostarias suficientes para que os concellos poidan desenvolver a Lei de Dependencia.

Link: Terra Galega






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=806