SOBRE RODAS
Fecha Lunes, 15 marzo a las 13:28:05
Tema PHP-Nuke


Por Diego Rodríguez Piñón

"Cuba, Valencia… as novas informativas recórdannos que a liberdade e a independencia seguen cotizando á baixa para os poderes establecidos. Por desgracia ocorre a diario e non importa a dimensión territorial ou social da que falemos. Isto sabeo ben, tamén a nivel local, a asociación sociocultural de discapacitados “Sobre Rodas” de Cedeira, recentemente creada e presentada en público no auditorio da vila o pasado 6 de marzo. Na súa etapa anterior, aínda sendo delegación da Asociación Sociocultural de Minusválidos de Ferrol, ante a petición de apoio para o servizo de transporte adaptado, un político con altas responsabilidades no goberno municipal díxolles : “Antes de que o fagades vos, prefiro facelo eu”. Este comentario deixaba meridianamente clara cal era a súa visión da cooperación e o interés público no desenvolvemento asociativo. Intentouno facer cunha empresa foránea, pero fracasou. Faltoulle o máis necesario, o apoio social. Máis dolorosa por vir dos propios compañeiros foi a reacción da entidade matriz ferrolá, cando os de Cedeira, nun necesario exercicio de reflexión, maduración e responsabilidade co futuro das persoas asociadas deciden intentar a aventura da acción social de forma autónoma, libre e independente. A rápida resposta foi a retirada de carteis e dunha furgoneta. Prefireuse apartala da circulación antes que dialogar para cedela, alugala ou vendela. Xa sós seguen na loita e na dura ruta da vida asociativa.Vímolos ledos cun novo vehículo alugado e cos seus proxectos e actividades intactos. Pois parafraseando a quixotesca frase, saben que “Ladran, logo vamos sobre rodas”."
© 2010 Diego R. P.


Link: DFONLine






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=804