Queremos Galego! concéntrase contra o "decretazo"
Fecha Lunes, 15 marzo a las 13:25:00
Tema PHP-Nuke


Logo da concentración de urxencia desenvolvida o Sábado pola mañá fronte á sede da Consellaría de Educación en Santiago de Compostela, ao tempo que se presentaba publicamente aos medios o contido do anteproxecto do decretazo contra o galego no ensino, a Plataforma cidadá Queremos galego convoca a toda a sociedade a unha mobilización xeral contra o retroceso de anos que a norma presentada siginifica para o proceso de normalización da nosa lingua propia no sistema educativo. Arestora, están confirmadas concentracións comarcais para o serán deste luns 15 de marzo nos seguintes lugares:


- Santiago de Compostela: ás 20 horas na Praza do Toural
- Vigo: ás 20 horas na Rúa do Príncipe (diante do MARCO)
- A Coruña: ás 20 horas na Praza de Pontevedra (diante do instituto)
- Ourense: ás 20 horas na Avenida da Habana (diante do edificio administrativo da Xunta)
- Lugo: ás 20 horas na Rolda da Muralla (diante do edificio administrativo da Xunta)
- Pontevedra: ás 20 horas na Praza da Peregrina
- Ferrol: ás 20 horas na Praza de España (diante do edificio administrativo da Xunta)
- Vilagarcía de Arousa: ás 20 horas na Praza de Galiza
- Noia: ás 20 horas diante do Concello
- A Pobra do Caramiñal (para toda a Barbanza): ás 20.30 no Cantón da Leña
- Foz: ás 20 horas diante do Concello
- Carballo: ás 20 horas diante do Concello
- A Estrada: ás 20 horas na Praza do Concello




Link: Queremos galego - Cedeira






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=803