O BNG tramitará a ILP de Queremos Galego por vía parlamentaria
Fecha Miércoles, 10 marzo a las 18:13:39
Tema PHP-Nuke


O voceiro de política lingüística do BNG, Bieito Lobeira, criticou que a mesa do Parlamento non admitise a trámite a Iniciativa Lexislativa Popular impulsada pola plataforma Queremos Galego, afirmando que non se pode utilizar "un soporte técnico xurídico" para negar un debate sobre a lingua. Así mesmo, anunciou que o Bloque se pon "a disposición desta plataforma para tramitar pola vía regulamentaria esta iniciativa".
Segundo o deputado, "nin a maioría popular, nin a mesa do Parlamento, nin ninguén, vai calar o pobo", e exixiulles unha explicación do acontecido ao PPdeG, con maioría na Mesa e ao representante do PSdeG, que o secundou.



Lobeira achacou a decisión a que o PPdeG está a instrumentalizar o Parlamento dunha "maneira bochornosa", como demostra o feito de frear unha iniciativa proposta por unha plataforma, "expresión organizada de milleiros de galegos e galegas e 600 entidades, colectivos e organizacións sociais". Por iso, garantiu que o BNG apoiará o "texto literal" da ILP para asegurar o "dereito inalienábel" da plataforma a presentar as iniciativas que considere en materia lingüística.

Link: VIONLine






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=801