+ GALICIA : Un pequeno paso debe ser o saneamento dos Concellos
Fecha Lunes, 08 marzo a las 08:14:50
Tema PHP-Nuke


O Goberno de Madrid reduce este ano en torno a un 22% a súa achega aos orzamentos dos concellos galegos. Este feito, que foi acalado por uns e por outros, suporá un menoscabo moi importante para os servizos que os concellos poden e deben ofrecer á súa poboación.

Convén clarexar, que os cartos que viñeron para os municipios co Plan E están descontados desta achega estatal.

Hai que destapar que o Plan E, que se está a vender polo goberno central como unha axuda extra para reactivar a economía, está sustentado polos propios concellos, pero quitándolles a capacidade de adicar eses cartos a, digamos por exemplo, Servizos Sociais.

Esta achega estatal OBRIGATORIA para os presupostos municipais vense reducindo ano tras ano.

A situación financeira dos concellos é deficiente e inda por riba as administracións central ou autonómica están a poñer cada vez máis atrancos para a súa sustentabilidade.

Este é o caso dos parques eólicos singulares (os parque eólicos que xestionan os concellos),  unha actividade que suporía unha boa fonte de ingresos para as arcas municipais e melloraría a súa situación económica.

Pois despois de ser concedidos levan mais de dous anos paralizados pola Xunta de Galicia.

Por todo iso,  dende TERRA GALEGA:

1º. Esiximos á Xunta de Galicia urxencia na ratificación das concesións de parques eólicos singulares xa concedidos.

2º. Instar á Xunta de Galicia que, coa maior brevidade, abra un novo procedemento de adxudicación de parques eólicos singulares, para dotar á maior cantidade posible (dentro das normas técnicas e medioambientais) dos concellos de Galicia, con un parque eólico singular, que servirá para mellorar a súa capacidade de financiamento e, en consecuencia, a mellora da atención ás necesidades da poboación.

Xermán Tobío


Link: +GALICIAONLine






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=794