Leire Pajín constituirá a Xestora
Fecha Martes, 03 marzo a las 17:36:16
Tema PHP-Nuke


A Comisión Ejecutiva Federal del PSOE acordou, trala dimisión do Secretario Xeral da Comisión Executiva do PSdeG-PSOE, Emilio Pérez Touriño, e en aplicación dos Estatutos do PSOE, o nomeamento dunha Comisión Xestora que rexerá o Partido Socialista de Galicia ata a celebración do seu próximo Congreso Extraordinario.
  

© 2009 PSdeG-PSOE

A Comisión Xestora, que será constituída pola Secretaria de Organización da Comisión Ejecutiva Federal, Leire Pajín, o próximo mércores 4 de marzo ás 11 da mañá na sede do PSdeG-PSOE en Santiago, está formada polos seguintes membros:
Presidente: Ricardo Varela
Vicepresidente: Modesto Pose
Responsable de Organización: Mar Barcón
Vogais: Manuel Vázquez, Carmela Silva, Moisés Rey, Luis Ángel Lago Lage, Laura Seara, Beatriz Sestayo, Carmen Rodríguez Dacosta, Bernardino Rama, Antón Louro e Dolores Rodríguez Amoroso.

As funcións da Comisión Xestora do PSdeG serán dirixir a acción política e orgánica do PSdeG-PSOE ata a celebración do seu próximo Congreso Extraordinario, e dirixir e coordinar tanto a acción do Grupo Parlamentario Socialista no Parlamento de Galicia, como a actividade dos cargos públicos socialistas.

Link: Nota de Prensa do PSdeG-PSOE






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=79