O cidadán tamén lexisla
Fecha Sábado, 06 marzo a las 10:57:19
Tema PHP-Nuke


A web do Parlamento ofrece a posibilidade de opinar e enviar suxestións para os textos legais que se están abordando .Actualmente pódense mandar comentarios á reforma aberta da Lei do Só.

A redacción de leis xa non é competencia exclusiva dos parlamentarios. A páxina web da Cámara galega ofrece a posibilidade a calquera cidadán de enviar as súas propostas para os textos que se están abordando nese momento. Aínda que o servizo en liña leva máis dun ano funcionando, ata agora non foron moitos os que se animaron a enviar as súas iniciativas. O Parlamento espera lograr darlle a volta a esta situación e animar á participación cidadá. De momento, os galegos prefiren acudir á vía ordinaria -mediante o rexistro da Cámara- que á posibilidade aberta na sección "Lexisla connosco" da páxina web. Tras a recepción das propostas, o Parlamento comprométese a trasladar os comentarios dos cidadáns para que sexan tidos en conta á hora de elaborar ou modificar as leis.


Iniciativas abertas
Actualmente a Cámara autonómica mantén sete iniciativas lexislativas abertas neste momento. A reforma da Lei do Só de 2002 é unha delas. Desde a Cámara animábase onte a cidadáns descontentos con algún punto da actual lexislación a explicar cales son os seus problemas e enviar as súas propostas de modificación. Pero hai máis textos de interese xeral que están abertos á participación cidadá. A web recolle o proxecto en pdf e a posibilidade de enviar comentarios. Actualmente están colgados: a proposición de lei de iniciativa popular para a creación e regulación da área metropolitana de Vigo; a de fomento do sector naval; a que regula unha rede de apoio á muller embarazada; a de salvamento marítimo e loita contra a contaminación mariña; a proposición de lei de bibliotecas; ou a proposición de lei de modificación sobre a racionalización do réxime das diputacións provinciais.
COMO FACELO? Participación 
Para poder enviar propostas e comentarios ás iniciativas lexislativas hai que entrar na web www.parlamentodegalicia.es  e clicar no epígrafe de Participación Cidadá .

Link: EIDOLOCALONLine






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=788