Concello de Cedeira - Axenda cultural
Fecha Jueves, 04 marzo a las 17:41:51
Tema PHP-Nuke


Exposición sobre o Cambio Climático
PALACETE MUNICIPAL
- DO 1 AO 14 DE MARZO
- DE LUNS A VENRES - DE 18:00 A 20:00 H.

“O NOSO MUNDO, O NOSO FUTURO, A NOSA OPCIÓN”
O Cambio Climático é un dos maiores retos cos que se enfronta a sociedade. Esta exposición pretende dar a coñecer a todos os galegos e galegas o problema ambiental do cambio climático, informando sobre as súas causas e consecuencias a nivel global e tamén en Galicia. Ademais intenta estimular a participación e reflexión dos visitantes propoñendo novos comportamentos comprometidos e accións positivas co clima que loiten contra o cambio climático e fomenten un desenvolvemento máis equilibrado, social e ambientalmente.

Producida por: Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas
Subdirección Xeral de Investigación, Cambio Climático e Información Ambiental.
Contido da Exposición:

• 19 paneis de lona (150 x 220 cm)
• Módulo “Emisión cero”: pila de combustible de hidróxeno
• Módulo “E máis eu, cantas emisións podo evitar”: bicicleta + ordenador
• Audiovisual

Link: Concello de Cedeira






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=787