A Deputación modificará o trazado das Pontigas
Fecha Jueves, 04 marzo a las 10:32:54
Tema PHP-Nuke


A Deputación da Coruña modificará o trazado da estrada CP 2204, ao seu paso polo núcleo de Pontigas, na parroquia de Régoa, no municipio de Cedeira. Así o acaba de aprobar por un orzamento total de 800.363 euros, dos que 651.203 estarán destinados a sufragar os gastos da execución e o resto afrontará as expropiacións necesarias.


© 2010 La Voz de Galicia

A modificación do trazado pretende esquivar o paso polo núcleo de vivendas de Pontigas. é por iso polo que o proxecto recolle as obras necesarias para crear unha variante da estrada DP 2204, segundo indican fontes da Deputación da Coruña.


Sete metros de calzada

A vía, que se atopa a uns dous quilómetros da zona vella da vila, contará cunha variante de apenas un que se desprazará uns 200 metros da que existe actualmente. Aproveitarase así unha pista de propiedade do Concello próxima ao río, segundo indican fontes municipais.

Deste xeito, a actuación da Deputación prevé ampliar a calzada da vía municipal ata obter sete metros de ancho e un de beiravía. As cunetas revestiranse de formigón e instalaranse as tubaxes de pluviais. Ademais, o proxecto inclúe a prolongación ou nova construción da drenaxe transversal así como a reposición dos servizos que resulten afectados pola evolución dos traballos, que comezarán nas próximas semanas.

Demasiadas curvas

A modificación do trazado desta vía «facía moita falta», asegura José Luis Vergara, alcalde de Cedeira. Ao seu paso polo núcleo de vivendas de Pontigas «hai bastantes vivendas e demasiadas curvas», unha situación que pode provocar «problemas aos veciños da zona e tamén co paso dos autobuses», segundo explica o rexedor.

Link: VONLine






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=784