Detido o autor de dous roubos
Fecha Miércoles, 03 marzo a las 17:42:42
Tema PHP-Nuke


Axentes Adscritos á Comisaría Ferrol-Narón procederon á detención de F.V.F como autor dun delito de roubo con forza. F.V.F. veciño de Cedeira, que adoita formar cuadrillas xunto a outros mozos delincuentes, mesmo menores de idade para cometer feitos delituosos, aos seus 20 anos xa presenta unha longa lista de detencións, por feitos da mesma natureza, delitos contra o patrimonio sobre todo roubos con forza.


F.V.F foi detido novamente tras  protagonizar  dous feitos delituosos  a principios do pasado mes de xaneiro.

O día da festividade de Reis Magos, o pasado 6 de xaneiro, o detido escolleu unha copistería situada na rúa Cntis de Ferrol, forzou unha chapa metálica que daba acceso ao interior da tenda e manipulando todo tipo de peches ou pestillos que atopaba ao seu paso conseguiu subtraer do caixón da caixa rexistradora oitenta euros  (80€).Dous días despois  F.V.F cometeu outro feito delituoso de similares característícas noutro establecemento de venda de electricidade da mesma rúa. Co mesmo modus operandi, o avezado ladronzuelo accedeu ao interior deste establecemento forzando a persiana metálica do local para a continuación e dun golpe fracturar a parte baixa da porta de acceso ao local. Unha vez dentro manipulou tamén a caixa rexistradora e subtraeu da mesma un cento cincuenta euros 150 € aproximadamente. Tras as pertinentes investigacións policiais efectuadas polo Grupo de Policía Xudicial da Comisaría, lógrase identificar ao autor dos feitos, o  mozo delincuente, F.V.F   que se jactaba dos seus fechorías ante a súa cuadrilla de amigos foi detido  no día de onte.O detido pasou a disposición xudicial.

Link: COPEONLine






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=783