Nova revista dixital
Fecha Martes, 02 marzo a las 10:40:13
Tema Colaboradores


O martes 23 de febreiro, aniversario do nacemento de Rosalía de Castro, comezou a edición dixital do Terra e Tempo. A mesma articúlase como un portal web con actualizacións diarias de artigos (4 ou 5 novos de luns a domingo). Así mesmo, tamén dispón dun apartado de videos, fotografías e textos cunha actualización máis pausada. O proxecto nace impulsado pola Fundación Bautista Álvarez co apoio do noso Partido, a Unión do Povo Galego, e de moitos outros colaboradores e amigos. A día de hoxe, luns 1 de marzo, e logo de 7 días en funcionamento, xa temos na web máis de 40 artigos disponíbeis. Procuraremos -a medida que o dixital vaia collendo forma e forza- que os artigos estexan vinculados a temas de actualidade en calquera das 5 grandes seccións nas que se estrutura o dixital: Galiza, Economía e Traballo, Lingua e Cultura, en Sociedade e Internacional. Os artigos publicados non representan posicións oficiais do Partido (están escritos tanto por persoas con militancia na UPG como outras sen vinculación) mais si contribúen a conformar unha opinión, desde unha perspectiva nacionalista, sobre aspectos diversos nos que o nacionalismo galego tiña escasas voces.


© Terra e Tempo 2010
Preme aquí: http://www.terraetempo.com/



Link: M.F.C.






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=779