Estudio de detalle en Camiño Real da Magdalena, 19
Fecha Martes, 02 marzo a las 10:29:51
Tema PHP-Nuke


ANUNCIO DE APROBACIÓN INICIAL DO ESTUDIO DE DETALLE EN CAMIÑO REAL DA MAGDALENA, 19.

Con data 09/02/2010 a Xunta de Goberno Local acordou a aprobación inicial do estudio de detalle en Camiño Real da Magdalena, 19 presentado por D. Pablo Diego Moreda Gil, en representación de Albergues Rías Altas S.L., para parcela de referencia catastral nº 6546106NJ7364N0001FY redactado por D. Ignacio Pedrosa Pérez, arquitecto colexiado nº 2544, visado polo COAG n a data 01.10.2009, para sinalamento de aliñacións e rasantes e ordenar volumes de acordo coas especificacións do Plan Xeral de Ordenación Municipal de Cedeira, así como para proporcionar un tratamento urbanístico homoxéneo ó conxunto da fachada marítima de acordo co RD 1471/1989.

O dito acordo supón a suspensión de outorgamento de licenzas no ámbito regulado polo Estudio de Detalle por un prazo máximo de dous anos ou ata que se acorde a aprobación definitiva se fose anterior.

Sométese a información pública por prazo de 20 días hábiles a partir do día seguinte ó da última publicación do presente anuncio no Boletín Oficial da Provincia, no Diario Oficial de Galicia e nun dos diarios de maior circulación da provincia.

Durante o dito prazo as persoas interesadas poderán examina-lo seu contido presentándose na casa do Concello de luns a venres en horario de 9.00 a 14.00 horas e presenta-las alegacións que consideren oportunas.

Cedeira, 19 de febreiro de 2010,

O Alcalde;

Asdo.- José Luis Vergara Rey

Link: BOPONLine






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=778