Alerta Vermella - Comunicado do Concello de Ferrol
Fecha Viernes, 26 febrero a las 19:43:27
Tema PHP-Nuke


O alcalde, Vicente Irisarri, deu conta do dispositivo especial no que participan Policía Local, Bombeiros, Protección Civil, institucións como Navantia e o Arsenal e os diferentes servizos municipais

A edil Sandra Ríos anuncia que o número de axentes e bombeiros se duplicará e que as actividades culturais, deportivas e sociais se suspenden a fin de semana

O concelleiro Angel Mato avanza que o goberno local pon o párking do Mercado a disposición dos veciños de Ferrol Vello que non teñen garaxe e que o Concello conta coa colaboración da asociación de veciños de Covas para dispor do albergue para posible realoxos




Ferrol, 26 de febreiro de 2010.-     O  alcalde de Ferrol, Vicente Irisarri, compareceu esta tarde xunto á concelleira de Seguridade, Sandra Ríos, e o edil de Urbanismo, Angel Mato, para dar conta do dispositivo especial articulado polo Concello para ofrecer unha resposta eficaz e rápida ante as posibles eventualidades que se poidan derivar mañá, sábado, da alerta vermella por fortes ventos en Galicia dictada pola Dirección Xeral de Emerxencias da Xunta de Galicia. Así mesmo, as medidas adoptadas pola Administración local pretenden minimizar os seus posibles efectos.   Nesta liña, Sandra Ríos explicaba que o departamento que dirixe coordinaba esta mañá unha xuntanza entre Policía Local, Bombeiros, Protección Civil e os distintos servizos municipais -conservación e mantenemento de xardíns, servizos de limpeza ou departamento de Urbanismo- para establecer o protocolo a seguir. Anunciaba que o Centro de Emerxencias Municipal se activará no Cuartel da Policía Local de San Xoán, en donde se están a dispor os xeneradores de electricidade necesarios e acopiando materiais e recursos de tal maneira que no día de mañá poida funcionar ao 100%.   En canto aos recursos humanos previstos, a edil Sandra Ríos indicaba que se duplicarán os turnos no Corpo de Policía Local co fin de poder dispor dunha plantilla de entre 26 e 30 axentes por turno. No caso dos Bombeiros se actuará de idéntico modo, simultaneando turnos. Ambos contarán co apoio loxístico dos membros de Protección Civil.   A responsable de Seguridade Cidadá explicaba que tanto o seu departamento como Benestar Social teñen previsto posibles lugares para realoxos. Así, na zona rural, a asociación de veciños de Covas colaborará co Concello ofrecendo o Albergue situado na parroquia, con capacidade para 15 persoas. Na zona urbana, xa se confirmou a disponibilidade de prazas en diferentes hostais e pensións.   Pola súa banda, Angel Mato lembrou ás empresas constructoras que realicen traballos en altura que eviten as obras na xornada de mañá, así como que retiren as plataformas aéreas dos dispositivos móbiles e afiancen as grúas. Asegurou que o departamento de Urbanismo xa tomou as medidas necesarias en relación ás obras municipais, de tal modo que estarán paralizadas no día de mañá para evitar riscos innecesarios. A excepción será a praza de España, onde permanecerá un retén de garda para evitar que ocurra calquer incidente.   Angel Mato tamén anunciou que, coa colaboración da asociación de veciños de Ferrol Vello, o párking municipal do Mercado estará a disposición dos residentes do barrio. A medida se toma para evitar que se repitan sucesos como os ocorridos o ano pasado co Klaus que, aínda que non provocou danos de suma consideración, si afectou a un número destacado de vehículos. Así, está pensado para que aqueles veciños e veciñas que non dispoñan dunha praza de garaxe poidan pór a cuberto os seus vehículos. Estará a disposición destes residentes ata o luns, cando se terá que proceder á retirada, entre as 8 e as 11 horas.   Respeto ás actividades deportivas, culturais e sociais, quedan suspendidas durante toda a fin de semana por motivos de precaucación -Os Sabactivos e Ardora, as representacións teatrais no Teatro Jofre e a Noite de Rock por Haití, así como as competicións deportivas, entre outros-. Mercedes Carbajales xa anunciou que para a semana se informará das devolucións das entradas. Así mesmo, cancélase o servizo de Ferrol en Bici. Así mesmo, tanto Sandra Ríos como Angel Mato insistían en pedir á cidadanía que restrinxa ao máximo os seus desprazamentos no día de mañá e retiren das fachadas das vivendas elementos susceptibles de desprenderse. Tamén, que en caso de detectar calquer perigo, que avisen aos Bombeiros. Aínda así, Sandra Ríos pediu paciencia á cidadanía ante posibles colapsos nas comunicacións. O alcalde tamén informaba de que esta mañá os responsables municipais se poñían en contacto con Navantia e co Arsenal para traballar no ámbito da prevención e planificar posibles actuacións conxuntas.   O obxetivo do goberno local é dispor dun operativo planificado para afrontar posibles eventualidades. Pór todas as medidas para anticipar respostas e minimizar danos. Nesta liña, o alcalde da cidade aseguraba que máis vale previr que lamentar, aínda que quería lanzar unha mensaxe de tranquilidade á cidadanía.

Link: Concello de Ferrol - Comunicado






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=771