Episodio de meteoroloxía adversa de nivel de laranxa
Fecha Martes, 03 marzo a las 15:27:41
Tema PHP-Nuke


A Dirección Xeral de Protección Civil da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza avisa dun episodio meteorolóxico adverso por mar de fondo, vento en mar e mar de vento que afectará a todo o litoral da Comunidade Autónoma galega a partir de mañá, mércores. O mar de fondo dará lugar a ondas de 6 metros e mar combinada con posibilidade de aumentar aos 7 metros de altura e o vento en mar, que será especialmente significativo ao norte de Fisterra, acadará a Forza 8-9 con áreas de mar moi grosa. Segundo as informacións recibidas da Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET), estes valores correspóndense cun nivel de alerta laranxa, que coexistirá con outros fenómenos meteorolóxicos adversos de nivel amarelo en terra por mor do vento e a neve.
Segundo as prediccións da AEMET, os refachos de vento en terra poderán acadar os 80 quilómetros á hora, especialmente ao noroeste e oeste da provincia da Coruña e nos concellos da Mariña lucense. Ademais, rexistraranse precipitacións en forma de neve nas montañas de Lugo e Ourense, onde se poderán a*****ular 5 centímetros de espesor. A cota situarase arredor dos 1.000 metros.



A Dirección Xeral de Protección Civil, a través do Centro de Atención ás Emerxencias 112 Galicia, alertou da situación meteorolóxica adversa no mar a todos os concellos do litoral, aos clubs náuticos e aos organismos das administracións estatais e autonómicas con competencia nesta materia. Tamén se lle informou do episodio adverso por vento en terra e neve de nivel de alerta amarela aos servizos provinciais de Protección Civil da Consellería de Presidencia, ás Deputacións provinciais, aos concellos de montaña de Lugo e Ourense e a todos os parques de bombeiros de ámbalas dúas provincias. Desta maneira agárdase que se adopten as precaucións oportunas para garantir a seguridade dos bens e das persoas.

Por último, a Dirección Xeral de Protección Civil quere recordarlle á poboación a importancia de seguir as medidas de autoproteción como evitar achegarse a diques ou rompentes nos que o mar poida arrastrar persoas ou vehículos e informarse do estado das estradas antes de realizar calquera desprazamento. Igualmente, aconséllase consultar a páxina web do Centro de Atención ás Emerxencias 112 Galicia (www.112galicia.org), que conta con información meteorolóxica e con enlaces de interese.

Link: XONLine







Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=77