Costas recupera a beira do río Condomiñas
Fecha Jueves, 25 febrero a las 10:36:11
Tema PHP-Nuke


A Demarcación de Costas acaba de iniciar as obras da recuperación da marxe dereita do río Condomiñas, no municipio de Cedeira. Cun orzamento de ao redor de 100.000 euros, as obras inclúen a construción dunha senda peonil de tres metros de ancho e uns catrocentos de longo en paralelo ao río.
Segundo a consolidación do terreo, o carreiro estará formado por zahorra ou táboas de madeira, segundo explica o alcalde da localidade, José Luis Vergara.


Respecto á contorna

O proxecto levará a cabo entre a ponte de madeira e o de Acea, e respectará as especies autóctonas da contorna. Con esta actuación, ambas as beiras estarán habilitadas para ser transitadas, o que suporá outro atractivo turístico, explica o rexedor cedeirense. Tragsa é a empresa que está a realizar os traballos.

Link: VONLine






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=768