Concello de Cedeira - ANUNCIO . BOP
Fecha Jueves, 25 febrero a las 10:24:54
Tema PHP-Nuke


Anuncio aprobación definitiva modificación ordenanzas fiscais

O Concello Pleno, en sesión celebrada o 22 de decembro de 2009, adoptou o acordo de aprobación da Ordenanza reguladora do prezo público dos usuarios do servizo de axuda no fogar do concello de cedeira que foi sometida a exposición pública por prazo de 30 días hábiles sen que se presentaran alegacións.

En aplicación do previsto no artigo 49 da Lei 7/1985, de Bases do réxime local e do propio acordo plenario, ao non presentarse reclamacións contra o acordo de aprobación inicial a aprobación definitiva prodúcese de forma automática.

En cmprimento do previsto na lexislación vixente publícase o texto íntegro das modificacións das ordenanzas aos efectos da súa entrada en vigor.

ORDENANZA REGULADORA DO PREZO PÚBLICO DOS USUARIOS DO SERVIZO DE AXUDA NO FOGAR DO CONCELLO DE CEDEIRA

Artigo 1: Obxecto

De conformidade co previsto no artigo 117, en relacion co artigo 41.b do Texto Refundido da Lei de facendas locais, aprobado por Real decreto lexislativo 2/2004 de 5 de marzo, este Concello establece o prezo publico pola utilizacion do servizo de axuda no fogar (SAF).

Artigo 2: Obrigados/as ó pagamento

Están obrigados ó pagamento do prezo publico regulado mediante a presente Ordenanza as persoas usuarias do servizo de axuda no fogar segundo o establecido no Regulamento de réxime interno do servizo de axuda no fogar do Concello de Cedeira e a Orde do 22 de xaneiro de 2009 pola que se regula o servizo de axuda no fogar da Comunidade Autónoma Galega.

Considerase persoa usuaria aquela para a cal se solicita o servizo. No caso de intervención con familias, entenderase como persoa usuaria titular un dos membros adultos da unidade de convivencia responsables dos menores que poidan forman parte dela ó marxe que respondan solidariamente do pago do prezo público todos os adultos que formen parte da mencionada unidade familiar.

Se o/a beneficiario/a carecera da capacidade de obrar, dita obriga recaerá sobre quen ostente a súa representación legal ou ostente a condición de gardador.

Artigo 3: Determinación da capacidade económica das persoas usuarias do servizo

Para a determinación da capacidade económica das persoas usuarias do servizo terase en conta o establecido no artigo 17 da Orde do 22 de xaneiro de 2009, reguladora do SAF para a Comunidade Autónoma de Galicia e o contemplado no artigo 15 do Regulamento interno do SAF do Concello de Cedeira.

Para os efectos do cálculo da capacidade económica estarase a regulación da orde de 22 de xaneiro de 2009, tendo en conta que para a aplicación das tarifas tomarase como referencia o indicador publico de rendas de efectos múltiples (IPREM) en termos anuales de 14 pagas, e a incorporación do valor do patrimonio segundo establece a Orde de 22 de xaneiro de 2009.

No computo da renda ou do patrimonio terase en conta os datos correspondentes á ultima declaración fiscal dispoñible e os datos catastrales do que se dispoña.

Para a actualización da información relativa á capacidade económica, as persoas usuarias do servizo, presentarán, antes do final de septembro de cada ano, xustificación docmental actualizada das circunstancias socioeconómicas a ter en conta para a avaliación da capacidade económica.

Artigo 4: Participación económica das persoas usuarias do servizo de axuda no fogar

Para os supostos nos que non proceda a exención no prezo público a achega, en todo caso respectará os limites establecidos no art. 18.2 da Orde do 22 de xaneiro de 2009 pola que se regula o servizo de axuda no fogar na Comunidade Autónoma Galega, segundo as tarifas contidas nas táboas de copagamento da presente Ordenanza e sen que a contribución económica da persoa usuaria poda ser superior ó 65% do custo efectivo que o servizo prestado teña para o Concello

TABOAS DE COPAGAMENTO

USUARIOS DE ACCESO DIRECTO (DEPENDENCIA) E DE LIBRE CONCORRENCIA

INGRESOS EN RELACION Ó IPREM (anual 14 pagas)
    

COPAGO (% custo hora)

Entre o 100% e 150%
    

10%

Máis do 150% ata 200%
    

15%

Máis do 200 % ata 300%
    

20%

Máis do 300% ata 400%
    

50%

Máis do 400% ata 500%
    

60%

Mais do 500%
    

65%

Esta táboa de copagamento aplicarse a tódolos servizos complemetarios do servizo de axuda no fogar, enténdase fisioterapia, podoloxía, etc..., no caso de non estar suxeitos a convenio ou ordenanza especifica.

O porcentaxe de copago revisaranse anualmente, para o que a persoa usuaria achegará a docmentación que lle sexa requirida oportunamente.

Artigo 5: Coste do servicio

Aos efectos previstos para a aplicación das tarifas do artigo 4, establecese o prezo da hora da prestación do servizo en 13,00 €. O custo da hora poderase revisar anualmente en función do custo do servizo.

Artigo 6: Obriga de pagamento

A obriga do pagamento do prezo publico pola prestación do servizo regulado nesta ordenanza, nace desde que se inicia a prestación do servizo de axuda no fogar ou servizos complementarios.

As liquidacións de prezos practicaranse mediante recibo das horas asignadas, por meses naturais vencidos, pagándose cada un nos 10 primeiros días naturais do mes seguinte o da prestación do servizo, e en función das horas asignadas ó usuario. En caso de axuste en función das horas previstas e as reais prestadas, o importe regularizarase o mes seguinte.O pago efectuarase mediante cargo na conta corrente ou cartilla de aforros do/a solicitante, que deberá indicar no modelo oficial de solicitude.

Artigo 7: Exencións

No caso de que a capacidade económica da persoa usuaria sexa igual ou inferior ó indicador público de rendas de efectos múltiples (IPREM 14 pagas), quedará exenta da obriga de participar no custo do servizo.

Artigo 8: Normativa subsidiaria

Para o non previsto na presente Ordenanza, se estará ó establecido na Orde do 22 de xaneiro de 2009 e demáis normativa aplicable.

Disposición derogatoria

Queda derrogada a Ordenanza fiscal reguladora da taxa pola prestación do servizo de axuda no fogar do Concello de Cedeira publicado no BOP núm. 190 do 19 de agosto de 2000.

Disposición final

Esta Ordenanza entrará en vigor unha vez transcurridos quince días dende a súa publicación íntegra no Boletín Oficial da Provincia, segundo o dispuesto nos artígos 70.2 e 65.2 da Lei 7/1985, Reguladora das Bases del Réxime Local permanecendo en vigor ata a súa modificación ou derogación expresas.

Cedeira, 18 de febreiro de 2010

O Alcalde,

Asdo.- José Luis Vergara Rey

Link: BOPONLine






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=767