Xosé Blanco, en galego, defende o uso de todas as linguas oficiais
Fecha Miércoles, 24 febrero a las 19:18:29 Tema PHP-Nuke
O ministro de Fomento,
Xosé Blanco, pronunciou esta cuarta feira unhas palabras en galego ante
o pleno do Senado para deixar clara a súa defensa do uso de todas as
linguas oficiais na Cámara Alta ao parlamentario Miquel Bofill, que
comezara a formularlle unha pregunta en catalán.
Bofill, senador de Entesa Catalana de Progrés,
expresara a súa confianza en que o titular de Fomento, e o presidente
do goberno español, José Luis Rodríguez Zapatero, acepten que no Senado
se poidan "usar con normalidade e naturalidade as linguas oficiais das
Comunidades" nas sesións de control ao Executivo.
Antes de
responder en castelán ás inquietudes de Bofill sobre as obras de
desdobramento da N-II na provincia de Girona (Cataluña), Blanco comezou
a súa intervención en galego para proclamar: "Eu tamén son dos que
defendo que nesta Cámara se poida falar algún día en galego".
Ao respecto, A Mesa pola Normalización Lingüística
felicitou o de Palas de Rei e instouno a que o seu ministerio o utilice
con normalidade en Galiza. "Agardamos que este xesto se traslade a unha
presenza normal do galego na Administración Xeral do Estado en Galiza,
onde case todo está aínda por facer para o noso idioma", sinalou o seu
presidente, Carlos Callón. "Sería importante simbolicamente
que o galego se puidese falar no Senado e no Congreso, mais é moitísimo
máis importante que se garanta o dereito cidadán a recibir información
e atención en galego no Ministerio de Fomento, que lamentabelmente
continúa a actuar como se Galiza non tivese idioma propio", engadiu. López Chaves teima en falar castelán Por outra banda, a intervención en castelán do deputado do PPdeG Ignacio López Chaves tamén esta cuarta feira no pleno da Cámara provocou a protesta desde as bancadas do BNG. Durante
os dez minutos que falou, os deputados nacionalistas ergueron carteis
coa proposición non de lei aprobada por unanimidade a pasada semana e
que instaba os altos cargos da Xunta a "facer uso público, tanto oral
como escrito" do galego no desempeño da súa responsabilidade pública.
Link: VIONLine
|
|