Proposta do Concelleiro de Turismo de Cedeira
Fecha Martes, 23 febrero a las 11:18:35
Tema PHP-Nuke


O edil nacionalista de Turismo do Concello de Cedeira, Alfredo del Río, propón aos municipios do Ortegal -Cariño , Cerdido, Mañón e Ortigueira- a creación dunha sociedade turística común. Entende que a comarca, á que a vila cedeirense sente pertencer cultural e xeograficamente, é suficientemente potente como para venderse como un único destino turístico.

A idea xestouse na pasada edición da Feria Internacional do Turismo (Fitur). O que propón Do Río é constituír unha entidade que se encargue de xestionar actividades de lecer nos municipios orteganos e crear paquetes turísticos pechados de varias estancias en calquera dos concellos. Por separado, explica, sería imposible, pois os medios das pequenas localidades non permiten facer algo similar.

A proposta de Cedeira non exclúe seguir participando nas iniciativas promovidas polo Plan de Dinamización Turística Ferrol-Ortegal, impulsado pola Deputación provincial, un programa que, con todo, é «insuficiente» para estes cinco municipios, segundo explica o edil nacionalista.

A empresa de lecer, que espera estea en marcha o próximo ano, trataría de difundir a riqueza da serra da Capelada, os percebes e a festa do Lugnasad de Cedeira, o festival de Música Celta e a sede da marca Sargadelos de Ortigueira, San Andrés de Teixido ou o barco Aula do Mar de Cariño , entre outras cousas. O edil analizará proximamente a idea con cada un dos rexedores da comarca do Ortegal.

Link: VONLine






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=758