SOS Redeiras
Fecha Lunes, 22 febrero a las 12:17:26
Tema PHP-Nuke


Malia ser un traballo ancestral, cunha práctica tradicional en Galiza, o sector profesional das redeiras segue arrastrando os mesmos problemas dende hai décadas. Agora, a Federación Galega de Redeiras Artesáns de Galiza, entidade que agrupa a 12 asociacións e á maioría das traballadoras que se adican profesionalmente a esta labor, poñen en marcha unha nova campaña na que denuncian a competencia desleal que exercen as traballadoras ilegais.


© 2010 Vieiros


A iniciativa enmárcase no lema: “Axúdanos a loitar contra as redes d@s ilegais; SOS Redeiras de Galiza” e pide a colaboración cidadá para evitar a desaparición do oficio de redeira, unha profesión, denuncian, en grave perigo “pola prestación deste traballo por persoas sen asegurar, xubilados, familiares, na súa maioría mulleres, por prezos ínfimos, o que deixa as redeiras legais sen traballo ou que as obriga a malvendelo”.

Para colaborar hai tres vías fundamentais. A primeira é a denuncia: piden que aquelas persoas que coñezan algún caso de traballo ilegal na elaboración ou reparación de redes llo fagan saber á Federación. A segunda solicita a achega de vídeos ou fotografías que poñan de manifesto estas prácticas. E en terceiro lugar, poñen á venda unha camiseta para colaborar economicamente coas redeiras (ten un prezo de 5 euros).


© 2010 Vieiros

Link: VIONLine






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=755