Construtoras á carreira a "pillar cacho" de costa
Fecha Miércoles, 17 febrero a las 22:53:24
Tema PHP-Nuke


O próximo 17 de maio caducará a moratoria estabelecida sobre os 500 metros desde a liña de mar a través da chamada Lei de Medidas Urxentes. A norma fora aprobada polo bipartito e renovada no inicio de lexislatura polo actual Goberno. Agora, a fin da prórroga coincidirá co período de tramitación do Plan de Ordenación do Litoral (POL) en marcha.


Neste escenario, desde a Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galicia (Adega), advirten de que se pode provocar no sector da construción "unha carreira desaforada por pillar cacho" antes da aprobación definitiva do POL, arramplando con zonas "liberadas" durante ese "período transitorio". Adega chama a atención sobre a redacción do artigo 3 que, indican, deixaría amplas "zonas francas" libres de *****prir a regulamentación propia ao respecto da protección ambiental, mellora paisaxística e ordenamento. Sinalan por exemplo que durante os dous anos de prazo que terán os concellos para a adaptación ao POL, haberá solos urbanos, núcleos rurais e zonas de ampliación, planificadas con pouco ou ningún criterio ambiental, "e moitas veces ao ditado das construtoras", que tamén quedarían fóra da protección.

Por todo isto, desde Adega consideran imprescindíbel que durante o trámite de aprobación do POL, se manteñan as medidas cautelares, "ben prorrogando a vixencia da moratoria (o ideal) ou ben a través da normativa do propio POL". "Sería unha medida profiláctica contra a especulación e que transmitiría unha mensaxe clara aos concellos: hai sobre a mesa en tramitación un plano que traballa con criterios obxectivábeis, aberto a propostas e que pode ser modificado puntualmente: implíquense na súa mellora", expoñen os ambientalistas.

Link: VIONLine





Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=750