Concello de Cedeira - Convocatoria
Fecha Miércoles, 17 febrero a las 09:02:26
Tema PHP-Nuke


O Pleno da Corporación, na súa sesión ordinaria de data 26 de xaneiro de 2010, adoptou o acordo de aprobar as seguintes
BASES QUE REGULAN A CONVOCATORIA E ELECCIÓN DO XUÍZ DE PAZ TITULAR DO CONCELLO DE CEDEIRA
A convocatoria pública para cubrir a vacante de Xuíz de Paz titular axustarase ás seguintes bases:

Primeira.- As persoas que estean interesados/as no cargo que reúnan as condicións legalemente establecidas e non incorran nas causas de incompatiblidade previstas na Lei Orgánica do Poder Xudicial, presentarán no Rexistro deste Concello, solicitude por escrito no prazo dun mes, a partir do día seguinte á publicación do correspondente Edicto no Boletín Oficial da Provincia, acompañada dos seguintes docmentos:
a) Fotocopia autenticada do D.N.I. ou certificado de nacemento.
b)Certificación expedida polo Rexistro Central de Penados e Rebeldes e declaración complementaria a que se refire o artigo 2.1 da Lei 68/1980, relativa a non estar inculpado nin procesado.
c) Xustificación de méritos que se aleguen.
d) Declaración responsable na que consten os seguintes extremos:
1. Que está en pleno exercicio dos seus dereitos civís.
2. Que é español, maior de idade, non está impedido física ou psíquicamente para a función xudicial e que vai a residir nesta localidade, salvo autorización da Sala de Goberno do Tribunal Superior de Xustiza.
3. Que non está incurso en ningunha das causas de incapacidade, incompatibilidade ou prohibición previsata nos artigos 303 e 389 a 397 da Lei Orgánica 6/1985, do Poder Xudicial.
Ante as dúbidas que se susciten a Alcaldía poderá requerir a presentación de do*****ento idóneo que acredite os extremos anteriores, sen prexuízo da responsabilidade a que houbese lugar.

Segunda.- A presente convocatoria farase pública mediante edicto no Boletín Oficial da Provincia, taboleiro de anuncios deste Concello, taboleiro de anuncios do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción de Ortigueira e taboleiro de anuncios do Xulgado de Paz desta localidade.

Terceira.- As solicitudes presentadas dentro do prazo establecido someteranse á consideración do Pleno do Concello na primeira sesión que celebre para a elección da persoa idónea de entre as interesadas co quórum da maioría absoluta.
No caso de non se presentar solicitudes, o Pleno elixirá libremente.

Cedeira, 3 de febreiro de 2010.
O ALCALDE,

Asdo.: Jose Luis Vergara Rey

Link: Concello de Cedeira






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=748