Concello de Cedeira -Adxudicación provisional
Fecha Miércoles, 17 febrero a las 08:50:40
Tema PHP-Nuke


ANUNCIO DE ADXUDICACIÓN PROVISIONAL DA OBRA “REDE DE SANEAMENTO E EDAR EN MONTOXO”

Por acordo da Xunta de Goberno Local de data 26.01.2010 aprobouse a adxudicación provisional do contrato de obras de “Rede desaneamento e EDAR en Montoxo”, o que se publica aos efectos do artigo 135.3 da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Concello de Cedeira

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo de contrato: obras

b) Descrición do obxecto: “Rede de saneamento e EDAR en Montoxo”

3. Tramitación, procedemento.

a) Tramitación: ordinaria

b) Procedemento: aberto, único criterio de valoración (factor prezo)

4. Prezo do Contrato.

Prezo : 340.377,00 euros e 54.460,32 euros de IVE.

5. Adxudicación Provisional.

a) Data: 26.01.2010

b) Contratista: U.T.E. COTRAGUA, S.L. – CONSTRUCCIONES RAMÓN VÁZQUEZ Y REINO, S.L.

c) Nacionalidade: española

d) Importe de adxudicación: 340.377,00 euros e 54.460,32 euros de IVE.

Cedeira, 9 de febreiro de 2010

O Alcalde,

Asdo.: José Luis Vergara Rey

Link: BOPONLine






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=744