Xuntanza CIG - BNG
Fecha Viernes, 12 febrero a las 16:55:13
Tema PHP-Nuke


As executivas da CIG e do BNG reúnense para analizar as consecuencias da crise e as alternativas ao actual modelo socioeconómico
Manifestan a súa oposición ás medidas adoptadas polos gobernos central e autonómico e denuncian as súas graves repercusións para Galiza e as/os traballadoras/es
Analizar a actual situación de crise económica e as causas que nos levaron a ela, as repercusións que está a ter na economía galega e na súa clase traballadora e pór en común as medidas políticas e sindicais que cada organización entende que se deberían aplicar, fronte ás que está a adoptar o goberno central e a inacción do goberno galego, foron os temas abordados na xuntanza que mantiveron na mañá de onte as executivas da CIG e do BNG.

Reunión extraordinaria das Executivas de CIG e BNG para analizar as alternativas nacionalistas ante a criseSenllas delegacións das executivas do BNG e da CIG mantiveron esta mañá unha xuntanza para avaliar a crise económica e, ao remate, o portavoz nacional, Guillerme Vázquez, e o secretario xeral da CIG, Suso Seixo, compareceron na Sede Nacional do BNG para ofrecer unha rolda de imprensa. O portavoz nacional acusou de “indolencia” e “pasividade” á Xunta “porque permanece ausente cando a crise e o desemprego son as principais preocupacións dos galegos e galegas”. Alén do seu secretario xeral, compuñan a delegación da Executiva da CIG a secretaria de Organización, Elvira Patiño; o secretario de Institucional, Manuel Currás; o de Industria e Emprego, Antonio López Rivera; o de Finanzas e Servizos, Ramiro Oubiña."CC OO e UGT asinan acordos contrarios aos traballadores pola súa dependencia, ideolóxica ou económica, do Gobernol" (Suso Seixo) "Hai que ir cara a unha reforma fiscal progresiva e cara a liberar as potencialidades dos sectores produtivos galegos" (Guillerme Vázquez)
O portavoz nacional encabezou a delegación da Executiva Nacional do BNG, da que fixeron parte tamén a secretaria de Organización, Montse Prado; o secretario de Acción Institucional no Parlamento Galego, Carlos Aymerich; o secretario de Política Municipal, Manuel Antelo; a secretaria de Imaxe e Propaganda, Ana Pontón e o secretario de Acción Social, Rafa Vilar.
Guillerme Vázquez sinalou que o Goberno español amosa a súa incapacidade ou falta de vontade para impoñer regras aos mercados financeiros. “Defendemos un modelo baseado na economía produtiva e non especulativa”, afirmou. O BNG aposta por un sistema que permita economías autocentradas, que garanta condicións de traballo dignas e o reparto da riqueza. Para o portavoz nacional, a crise “é consecuencia dun modelo perverso que rexe a economía mundial”."UNHA XUNTA AUSENTE ANTE A CRISE" Mentres a Unión Europea non é quen de marcar liñas claras, o Goberno español busca a solución coa redución do gasto público, con recortes salariais e acepta as regras de xogo que lle impoñen os especuladores e Bruxelas, afirmou o portavoz nacional. Guillerme Vázquez cuestionou tamén o papel da Xunta, “que permanece ausente cando a crise e o desemprego son as principais preocupacións dos galegos e galegas”, dixo.O portavoz nacional afirmou que o BNG e a CIG comparten “diagnósticos e vías de solución, que pasan pola necesidade de avanzar cara á unha reforma fiscal en base ao principio de 'que pague máis quen máis ten', en lugar de seguir con vías regresivas de recortes de dereitos laborais”. IMPULSAR A ECONOMÍA PRODUTIVA GALEGA
O líder nacionalista sinalou que, entre as medidas que lle presentou ao presidente do Goberno español na reunión celebrada a comezos desta semana, figuran a necesidade do levantamento do veto á construción naval civil da antiga Astano, o estabelecemento dun marco de regulación da produción láctea que permita a viabilidade das explotacións gandeiras e o recoñecemento de Galiza como Zona altamente dependente da pesca, “porque os sectores produtivos galegos poden manter e crear emprego”. A isto engadiu, entre outras medidas para afrontar a crise, a defensa da sanidade e servizos sociais públicos, que o centro de decisión das caixas de aforro fique en Galiza e mesmo “a necesidade de que o noso País se dote dun Estatuto de Primeira que aumente a capacidade de decisión do noso autogoberno”, afirmou.Pola súa parte, Suso Seixo indicou que fixo entrega á Executiva do BNG dun do*****ento de alternativas para a crise. Ademais, afondou nos puntos de coincidencia, tanto na diagnose como nas vías de solución propostas, “con medidas orientadas a combater a crise, para que non a paguen os traballadores e traballadoras”, indicou. O secretario xeral da CIG criticou as centrais de ámbito estatal por asinaren acordos coa patronal e co Goberno do Estado claramente contrarios aos intereses dos traballadores. "Se o fan é porque teñen unha clara dependencia do Goberno, ou ideolóxica ou política ou económica", analisou.
Link: UPG - Cedeira






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=743