Tallas de dous santos
Fecha Domingo, 07 febrero a las 18:08:35
Tema PHP-Nuke


O ex alcalde de Cedeira Leopoldo Rubido asegura que as tallas do século XVII de Santiago e San Andrés que adornaban un salón do palacio municipal e que agora o Concello cederá á parroquia de Santa María do Mar foron restauradas durante o seu mandato, en concreto nos anos noventa.

Critica ao actual rexedor, José Luis Vergara, por «querer esconder a súa procedencia» e aclara que foi «a casa das irmás Rei o lugar no que descansaron estes dous santos durante case un século ata fai uns trinta anos, cando esta familia llas cedeu á parroquia». Nese momento, aclara Rubido, estaban en «moi mal estado e desde o Concello solicitamos ao cura que nos dese as tallas».


Permaneceron un tempo nun almacén «ata que Ana Arayalar restaurounas». Foi entón cando pasaron a decorar un dos salóns do Concello.

Link: VONLine






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=733