querela contra un policía
Fecha Viernes, 05 febrero a las 12:23:03
Tema PHP-Nuke


Un incendio dunhas naves ocorrido en xuño do 2006 en Cedeira acabou nunha querela criminal contra un axente local por suposto falseamiento do informe.

O sinistro ocorreu a noite do 15 de xuño do 2006 no polígono industrial da Xunqueira. O lume adquirira considerables proporcións e requiriu a intervención dos bombeiros municipais de Ferrol, Protección Civil, o Grumir das Pontes e a Policía Local cedeirense. A nave incendiada estaba alugada polas empresas Mobles García e Pinturas Rama. Xa que logo, os mobles e as pinturas avivaron as chamas ata deixar destruído todo.

O problema veu logo. Un informe da Policía Local, outro da Garda Civil e o oficial do Concello apuntaban que o incendio tivera a súa orixe nuns colectores do servizo de recollida ou das propias empresas, cuestión que non acaba de aclararse.

O asunto de fondo son as indemnizacións polos danos, que foron cuantiosos, porque a construción quedou reducida a cascallos. Na vía civil o asunto atópase en fase de apelación porque unha das partes non acepta a decisión adoptada polo titular do Xulgado de Instrución e Primeira Instancia único de Ortigueira.

Agora un dos empresarios afectados, cuxa nave é lindeira á destruída, cuestiona o informe oficial e considera que nese lugar non existía colector algún. Mal podería comezar o lume nestes recipientes se non existían alí. E por iso emprendeu agora accións penais en contra do axente da Policía Local que elaborou o informe e contra unha segunda persoa privada. Sostén que cometeu ou cometeron un suposto delito por falsidade en docmento oficial.

Este axente local xa declarou sen confirmar completamente esta versión do ocorrido. O que se informou ao día seguinte do sinistro foi que o incendio dera comezo nun cadro eléctrico situado no exterior da edificación que explotaban as dúas empresas sinaladas.

Link: VONLine






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=728