Castillo da Concepción
Fecha Viernes, 05 febrero a las 12:04:17
Tema PHP-Nuke


Para chegar ao Castillo da Concepción ou fortín de San Antonio non hai máis que conducir ata o peirao de Cedeira, aparcar o coche e subir polas empinadas escaleiras de madeira que levan á atalaia natural sobre a que se asenta esta fortaleza do século XVIII. Aínda que durante moito tempo sufriu os arañazos do esquecemento, grazas a unha escola taller hoxe loce totalmente rehabilitada.


© 2010 La Voz de Galicia

Sen ningunha dúbida, un dos principais alicientes da visita é a calorosa benvida que brinda ao forasteiro o gardián do fortín, Fernando Rebón, quen se ofrece gustoso a facer de guía e a desvelar algúns dos segredos que ocultan os seus muros. O primeiro que explica este amable cicerone é que a fortaleza se construíu por mor dun «feito tráxico»: no século XVIII, os ingleses atacaron Cedeira sen piedade e, tras saquear a capela de San Antonio de Corveiro, colgaron a imaxe do santo do pau dun dos seus navíos. Aquel feito doeu tanto aos aldeáns que pouco máis tarde, e coas súas propias mans, levantaron un fortín para defenderse de futuros ataques.


Ademais de Rebón, da historia da fortaleza tamén falan os numerosos paneis explicativos que hai nas antigas estancias dos soldados, así como os obxectos alí expostos -desde un uniforme de época ata fusís antigos- e un audiovisual que mostra como foi o proceso polo que as ruínas se transformaron en museo.

A visita tamén inclúe unha parada na antiga cociña do castelo, un percorrido polos muros desde os que os canóns dispaban ao inimigo... E unapequeña sorpresa: o «tesouro» do castelo non é un botín cheo de diñeiro e xoias, senón os «paxariños» que se coan polos seus muros. Trátase dunha planta pequena e delicada que, segundo conta Rebón, non se pode atopar en ningunha outra parte da Península.

Link: VONLine






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=727