Laureano Quesada
Fecha Jueves, 04 febrero a las 10:03:04
Tema PHP-Nuke


O pintor ferrolán Laureano Quesada Jiménez (1941) faleceu onte na Coruña. Os seus restos incineraranse ao catro da tarde no tanatorio Servisa da cidade herculina (fronte ao Hospital Juan Canalejo).


© 2010 - La Voz de Galicia


De nai galega e pai andaluz, Laureano Quesada introduciuse no mundo da pintura tras abandonar a súa carreira como mariño mercante. Inicio os seus estudos na Escola de Artes Aplicadas de Granada e posteriormente na Grand Chaumière, emblemática academia do barrio parisiense de Montparnasse na que estudaron míticos pintores franceses do pasado século.

Ao longo da súa carreira expuxo tanto individual como colectivamente en diferentes localidades españolas e francesas. A día de hoxe as súas obras están colgadas en coleccións particulares e distintas institucións de España, Italia, Inglaterra ou na cidade flamenca de Anveres, chegando mesmo a California.

Link: DFONLine






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=726