Concello de Cedeira ::: AC-566
Fecha Jueves, 04 febrero a las 10:34:32
Tema PHP-Nuke


O alcalde de Cedeira, José Luís Vergara, entrevistouse onte co titular da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Agustín Hernández. Durante o encontro, solicitado polo rexedor cedeirense o pasado mes de novembro, Vergara pediu ao departamento que dirixe Hernández unha serie de intervencións que no seu día foron comprometidas polo goberno bipartito.

Entre as "necesidades e urxencias" tratadas na reunión, que se desenvolveu en San Caetano, o rexedor cedeirense trasladoulle a súa preocupación pola situación actual da AC-566 que, como se lembrará, foi obxecto dunha serie de melloras o pasado verán. Precisamente, o que máis preocupa ao alcalde de Cedeira é o feito de que transcorrendo só uns meses destes traballos o firme atópese en moi mal estado nalgún dos tramos, motivo polo cal solicitou a súa urxente reparación.

Vergara tamén lembrou a Hernández a importancia que ten para Cedeira a súa principal vía de comunicación, a AC-566, que une ao municipio con Ferrol, e que este ano quedou fóra dos plans da Xunta de face a acometer unha mellora integral. Aínda que non se logrou ningún compromiso por parte do titular de Infraestruturas, Vergara cualificou o encontro de "moi positivo".

Link: DFONLine






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=725