Delegación de competencias - Concello de Cedeira
Fecha Miércoles, 03 febrero a las 11:07:55
Tema PHP-Nuke


Aprobación definitiva do acordo plenario de 10.11.2009: delegación de competencias na Deputación Provincial da Coruña para a tramitación de expedientes sancionadores de tráfico

ANUNCIO

O anuncio que se transcribe a continuación, de aprobación inicial do acordo plenario de data 10.11.2009 de delegación de competencias na Deputación Provincial da Coruña para a tramitación de expedientes sancionadores de tráfico, foi publicado no BOP núm. 247 de 19 de novembro de 2009 e exposto ao público durante o prazo de trinta días hábiles contados desde esta publicación :

“O Pleno da corporación, na súa sesión de data 10.11.2009, adoptou o seguinte acordo:

Primeiro: Delegar na Deputación Provincial de A Coruña as competencias necesarias para a instrucción dos expedientes sancionadores por denuncias cursadas polo Concello por infracción das normas sobre tráfico, circulación de vehículos am otor e seguridade viaria, con adhesión particular e expresa do Concello ás bases para a prestación de servizos en materia de sancións por infracción das normas sobre tráfico, circulación de vehículos a motor e seguridade viaria, aprobadas pola Deputación Provincial na sesión plenaria do 26 de xuño de 2009.

Segundo: Comunicar este acordo á Deputación e abrir un período de exposición pública de 30 días hábiles desde a publicación deste acordo no Boletín Oficial da Plrovincia, para xeral coñecemento e presentación de alegacións.

Terceiro: De non presentare alegacións durante dito período emitirase certificación polo Secretario Xeral comprensiva de que este acordo quedou automaticamente elevado a definitivo e comunicarase á Deputación Provincial.”

2º.- Non consta durante este prazo a presentación de alegacións ou reclamacións ao mesmo; polo que se eleva a definitivo o citado acordo.

Cedeira, 22 de xaneiro de 2010

O alcalde,

Asdo.: José Luis Vergara Rey

Link: BOPONLine






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=724