Accidente mortal na AC-566
Fecha Domingo, 31 enero a las 10:44:48
Tema PHP-Nuke


Un mozo de 30 anos de idade faleceu hoxe na localidade coruñesa de Valoviño ao saírse da vía e chocar contra unha árbore o vehículo que conducía, que tamén envorcou como consecuencia do accidente de circulación.

Segundo informaron fontes do 112 a Europa Press e da Garda Civil, o sinistro produciuse sobre as 7.35 da mañá, no quilómetro 24,5 da estrada AC-566 que vai de Ferrol a Ceceira, no tramo entre Narón e o Campo do Hospital, termo municipal de Valdoviño.

Así, o mozo, que viaxaba nun turismo do modelo Ford Sierra e matrícula de Madrid, o coche saíuse da vía e chocou contra unha árbore e, como consecuencia, posteriormente envorcou.

Como consecuencia do sinistro, o condutor e único ocupante do vehículo, de 30 anos de idade, que responde as iniciais de J.M.M.F., e veciño da localidade coruñesa de Cedeira, resultou falecido.

Link: PC






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=722