Moeche na Rede
Fecha Viernes, 29 enero a las 12:31:22
Tema PHP-Nuke


O Concello de Moeche estreou a semana pasada a súa páxina web municipal. Trátase dunha demanda antiga á que o actual goberno local puido dar forma nos últimos días. Así, desde o pasado día 21 xa é posible coñecer máis de preto a actividade política e municipal do concello, ademais de moitos outros aspectos.

O acceso á web municipal atópase na dirección www.concellodemoeche.com. Desde a referida páxina o navegante poderá obter información variada, en galego e castelán, sobre diferentes cuestións. Da páxina principal destacan as fotos da Casa Consitorial e do castelo modestino, este último é un dos referentes culturais e turísticos do termo municipal.


Navegar a través da web municipal é moi sinxelo xa que se mostra toda a información e os seus apartados na páxina principal, a través da cal se pode picar en varias ligazóns: O Servizo Galego de Colocación, perfil do contratante -obras licitadas ou en proceso de contratación-, unha galería fotográfica, a predición meteorolóxica, a axenda con diversos actos do ano e un apartado sobre noticias de actualidade.

Por outra banda, ademais do tradicional saúdo do alcalde, Xulio Romeo, é posible consultar información da administración municipal -grupos políticos, concellarías, áreas do goberno, un directorio local e un link para contactar co Concello-; cuestións administrativas -actas, ordenanzas...etc.-; servizos -urbanismo, cultura, deportes, biblioteca municipal, taller de memoria e outras ligazóns-; e un apartado sobre Moeche. Neste último destaca a historia do municipo, o castelo, os bens patrimoniais modestinos, a contorna natural, festas locais, entre elas a que se celebra o 23 de abril en honra a San Jorge, e unha ligazón a asociacións locais.

Link: DFONLine






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=721