Nova reunión de alcaldes
Fecha Viernes, 29 enero a las 10:06:09
Tema PHP-Nuke


Os alcaldes dos municipios que vertebrará o corredor norte volveranse a ver as caras o próximo 16 de febreiro, nesta ocasión con case total seguridade no municipio de Viveiro, na provincia de Lugo. A cita terá lugar un mes logo do previsto inicialmente, pois tras o encontro mantido en Cedeira a finais do pasado ano acordouse que a mediados de xaneiro volveríanse a reunir.

Serán un total de 35 municipios os que estarán representados no encontro, que no caso de que non se produza en Viveiro, a convocatoria será en Cariño . Ademais de representantes políticos de todas as cores, acudirán a cítaa patróns maiores de confrarías de pescadores, membros da Cámara de Comercio, empresarios e tamén integrantes da sociedade de montes.

E é que, lonxe de aceptar os prazos expostos pola Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas da Xunta, moitos dos alcaldes dos municipios afectados iniciaron o ano con ganas de seguir pelexando polo que eles entenden é o máis xusto. Consideran que o ano 2017 é unha data demasiado afastada para dar por finalizado o corredor norte, que unirá Ferrol con San Cibrao, e insisten en que deberá estar en funcionamento no 2013. Durante a cita decidirase que facer para acelerar as obras. Para logralo, os alcaldes están dispostos a pedir o apoio social e non descartan recoller firmas para conseguir que a proposta se debata no Parlamento, tal e como asegurou o alcalde de Cedeira, José Luis Vergara.

Link: VONLine






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=720